Concentracion pola liberdade de Oscar López Rivera

0
451

Varias ducias de persoas concentráronse en Vigo o 6 de xuño para pedir a liberdade do independentista portorriqueño Óscar López Rivera, preso nos EEUU, que ten unha condea de 70 anos, o que suporá a sua morte no cárcere. Ó final da concentración deuse lectura a un comunicado manifestando o apoio á campaña mundial 33×33 que pide a súa liberación, pois leva xa 33 anos no cárcere. Tamén recordaron o icumplimento por parte dos Estados Unidos de varias resolucións da ONU relacionadas con seu caso. O acto rematou ca lectura dunhas verbas do propio Óscar, escritas na prisión, nas que recorda que a importancia da loita e a igualdade de tódolos seres humáns. Tras agradecer ás diversas organizacións que apoiaron a concentración, esta deuse por rematada entre berros de “Oscar López Liberdade”

Please follow and like us:
Tweet